Inventan unha abella artifical capaz de polinizar veganos

O insecto electrónico resolverá, por fin, a dicotomía do sexo oral entre veganos.

Por GcToday | Santiago de Compostela | 09/04/2017 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

Un grupo de científicos ven de comunicar en rolda de prensa que acaban de obter a primeira abella artificial capaz de polinizar veganos. Segundo explicaron, o novo insecto levaría o polen do o estambre dun macho vegano ao pistilo da femia a vegana con éxito.

Andrena agilissima, un tipo de abella silvestre
Andrena agilissima, un tipo de abella silvestre | Fonte: Uvigo

O novo invento resolve, de vez, unha das polémicas que envolvía o veganismo dende o seu inicio: o sexo oral entre dous individuos veganos. As correntes máis ortodoxas impiden que se probe a carne e existía a fonda polémica de se o sexo oral podía ser considerado como chupar carne e non estaba ben visto dentro da ortodoxia vegana cando non directamente prohibido. Agora, co invento da abella artificial, xa non o fai necesario ao deixar obsoleto o sexo. “Ya no es necesario que toquemos la carne de otro ser humano para procrear y podemos dejar atrás las bárbaras costumbres carnívoras como el sexo”, indicaron voceiros da Igrexa do Veganismo dos Últimos Días. “El sexo oral era un instrumento de los carnívoros para incitar el consumo de carne”, engadiron.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Efixio

Dixéronme hoxe que os veganos mailas veganas no van poder ir en bici ou en moto a non ser que leven un trapo que lhes cubra a faciana. Tomarán esta medida para non tragar mosquitos e outros animais de pequeno tamanho voadores.