A Marea Atlántica pasará a chamarse Atlántica a partires deste luns

A vitoria dos críticos de EnMarea no Consello das Mareas deste pasado domingo fíxo que o partido coruñés decida quitarse o prefixo Marea- do seu nome.

Por GcToday | A Coruña | 06/04/2017 | Actualizada ás 16:54

Comparte esta noticia

A cúpula da MareaAtlántica, Atlántica a partir de hoxe, decidiu por unanimidade dos que estaban a favor, cambiar o seu nome tralo varapao sufrido no domingo, cando no Consello das Mareas se debatían os documentos políticos da liña a seguir por EnMarea e quen sería o encargado de ostentar o cargo de voceiro da organización.

A cúpula de Atlántica consulta en Telegram como ten que facer Iago Martínez para trocar o seu apelido por Tínez.
A cúpula de Atlántica consulta en Telegram como ten que facer Iago Martínez para trocar o seu apelido por Tínez. | Fonte: temposgalegos

O Consello das Mareas decidía na tarde do domingo que o posto de voceiro recaíse a partir de agora, no xa voceiro parlamentar Luís Villares, todo isto coa oposición interna de varios grupos que consideraban que o voceiro non podía ser voceiro.

Nun entorno de maiorías e minorías, os críticos de EnMarea, obtiveron o respaldo do conxunto de membros da dirección para facerse co control da organización.

Unha das persoas máis críticas co proceso que finalmente rematou con Villares como portavoz, Iago Martínez, xefe de gabinete do alcalde da Coruña xa adiantou que en breves procederá a remitir un escrito ao padrón municipal para trocar o seu nome por Iago Tínez, posto que non quere saber nada nin de EnMarea, nin do mar.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Dalle que libras

Segue Toné enmerdando