Temas: HUMOR BNG

O embaixador de Bulgaria, avergoñado, vota en contra de Ana Pontón na asemblea do BNG

“Tiven que votar en contra porque isto sería un escándalo ata no meu país”, declarou o embaixador de Bulgaria.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 03/04/2017 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

Segundo informou a organización nacionalista, Ana Pontón, renovou o seu liderado co 98,2% dos votos emitidos na asemblea, na que 1.112 persoas referendaron a súa candidatur entres que 19 abstivéronse e só unha persoa votou na súa contra e, segundo puido saber o noso medio, o voto en contra partiu do embaixador de Bulgaria que fora como convidado á asemblea do BNG.

Asemblea do BNG , nunha fotomontaxe
Asemblea do BNG , nunha fotomontaxe | Fonte: tempos galegos

 

Fontes próximas á embaixada de Bulgaria indican que “a votación non ía ter nin un so voto en contra. Ao noso embaixador iso pareceulle embarazoso e procedeu a votar en contra para darlle un pouco máis de lexitimidade á votación”.  As mesmas fontes indicaron que “En Bulgaria sabemos moito de asembleas á búlgara e unha votación se un so voto en contra sería un escándalo ata nas tradicións do noso país”.

 

A pesar de que o embaixador búlgaro estaba como convidado á asemblea a organización do BNG decidiu aceptar as recomendacións do embaixador e procedeu a contabilizar o seu voto.

Temas: HUMOR BNG
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta