Star Wars pásase ao lado do software libre

A Asociación Galega de Fans de Star Wars é un dos reclamos dun completo LibreTeo, a festa informática que esta sábado celebra a segunda edición.

Por Galicia Confidencial | A Ramallosa | 31/03/2017 | Actualizada ás 10:23

Comparte esta noticia

Tropa Korriban, a tamén coñecida como Asociación Galega de Fans de Star Wars,  invadirá este sábado o LibreTeo. Máis dunha ducia dos seus socios acudirán vestidos e caracterizados como os míticos personaxes, dispostos a que o público -nenos e non tan nenos- retrátanse canda eles. Ademais, haberá proxección de varias curtas realizadas por seareiros da saga de George Lucas.

Persoas disfrazadas de 'imperial stormtroopers', soldados imperiais, e outros personaxes da saga 'Star Wars' invadiron este sábado as rúas de Santiago de Compostela en homenaxe ao 30 aniversario da estrea do 'Retorno do Jedi'
Persoas disfrazadas de 'imperial stormtroopers', soldados imperiais, e outros personaxes da saga 'Star Wars' invadiron este sábado as rúas de Santiago de Compostela en homenaxe ao 30 aniversario da estrea do 'Retorno do Jedi'

Ademais, a ‘party’ informática no Auditorio Constante Liste da Ramallosa inclúe un completo programa de actividades lúdicas e educacionais. 

Así, está programada a primeira Lan Party de Teo con 50 prazas durante 5 horas a partir das as nove. As inscricións para ela e para o resto de actividades pódese facer en liña.

A programación inclúe un obradoiro lúdico aberto pensado para os máis pequenos/as en horario de mañá e tarde e no que se abordarán temas relacionados coa tecnoloxía dende un punto de vista lúdico. 

Electrónica básica para nenos/as, arduino dende cero, audio e poscasting, instagram ou a webserie recentemente premiada nos Mestre Mateo “Galicia Crime” son outras das temáticas dos obradoiros. 

Libreteo 2016
Libreteo 2016

“Un evento cheo de actividades interesantes” destacan os organizadores, que contan co apoio do Concello de Teo, municipio que salienta que as actividades van dirixidas a todas as franxas de idade, nun esforzo por consolidar este evento como referencia do mundo do software libre e a informática no país.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta