Temas: MúSICA

Magán, Malandrómeda e De Pedro encabezan o cartel dun ecléctico ICC Week

Ourense acollerá a algúns dos nomes máis destacados da música electrónica, rap e indie co gallo da Semana das Industrias Culturais e Creativas, que se celebrará entre os próximos 2 e 7 de maio. É sen dúbida a edición máis diversa das organizadas até hoxe.

Por GC Tendencias | Santiago de Compostela | 27/03/2017 | Actualizada ás 12:07

Comparte esta noticia

O programa dado a coñecer a pasada semama botará a andar o martes 2 de maio da man de Depedro. Jairo Zavala presentará "El Pasajero", o seu último disco, un traballo que mestura a linguaxe sonora coa literaria. O concerto Depedro será no Teatro Principal, a partir das 21 horas.  As entradas estarán a venda en Ataquilla dende só 10€ anticipada máis gastos de xestión.

Presentación ICC Week
Presentación ICC Week

Juan Magán repetirá na clausura. O produtor, cantante e remixer español de música electrónica con gran sona internacional. Magán, que conta con millóns de descargas dixitais, varias nominacións aos Grammy Latino e colaboracións con varios dos artistas máis recoñecidos do mundo, visitará o Pazo dos Deportes Paco Paz de Ourense ás 22h00 do sábado 6 de maio. O artista estará teloneado polos DJ's Mike Wass, Prieto Brothers, Pablo Dumore, José Grande, nunha clara aposta do proxecto por fomentar, dar espazo e visibilizar o talento ourensán. Xunto con Lisboa e Madrid, esta é unha das tres exclusivas paradas que Juan Magán fará na súa xira europea deste ano.

Para esta ocasión a orgnaización estrea "ICC Show", concertos despois das ponencias e actividades que ofrecerá a programación da ICC Week. Con este fórmado presentarase unha nova versión da música de The Beattles da man de The Funkles, unha banda tributo de orixe galega. O venres 5 en en sesión vermú, os Xardíns do Padre Feijoo serán testemuña das luminosas melodías e coloridos sons de guitarra de Bigott e entenderán por que os dous novos álbums de Malandrómeda, "Os corenta e oito nomes do inimigo" e "Cada can que lamba ou seu carallo",  foron elixidos discos estal do ano ex aequo na lista que publicou o pasado mes de xaneiro a revista Rockdelux. Estes dous concertos serán de carácter gratuíto

O cartel garda aínda unha incógnita. A organización promete “un artista de presenza internacional” que di vai confirmar proximamente.

Malandrómeda
Malandrómeda
Temas: MúSICA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta