Que será da marihuana da horta de Maruxa?

Maruxa Bouza estase a convertir nun fenómeno das redes sociais. O vídeo no que esta muller de case 70 anos explica como lle apareceu unha planta de cannabis na súa horta de San Sadurniño suma máis de 68.000 visualizacións en menos de 20 días.

Por Galicia Confidencial | San Sadurniño | 21/03/2017 | Actualizada ás 20:17

Comparte esta noticia

Con moita retranca , “Maruxa da Laxe” e a súa amiga Carme Couce -a cámara- relatan o descubrimento e debaten que facer coa marihuana. No medio dun ataque de risa, a agricultora conta como plantou un paquete de sementes para loros na súa horta de Ferrolterra. A cuestión agora parece ser que facer con ela.

Maruxa da Laxe e a súa marihuana
Maruxa da Laxe e a súa marihuana | Fonte: youtube

Bouza participa nun curso da Aula Cemit en San Sadurniño. Gracias a el, as mulleres maiores aprenderon a usar o móbil para subir vídeos e contidos as redes sociais, aportando outra perspectiva a un mundo usualmente monopolizado polos mozos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta