Temas: ENTROIDO OURENSE

Ourense aposta por consolidarse como a capital do Entroido

A cabeceira da provincia máis entroideira presenta un completo programa de actividades co obxectivo de converterse en centro da festa máis popular e irreverente. Programa completo no interior.

Por GC Tendencias | Santiago de Compostela | 24/02/2017 | Actualizada ás 12:02

Comparte esta noticia

O certo é que en Ourense levan de entroido polo menos dende o xoves 16 de febreiro, cando celebraron o xoves de compadres coas súas tradicionais regueifas. Con todo, a capital das Burgas inaugura hoxe oficialmente o seu Entroido cunha batucada a cargo de Trópico de Grelos. 

A cabeceira da provincia máis entroideira presenta un completo programa de actividades co obxectivo de converterse en centro da festa máis popular e irreverente. Programa completo no interior.
A cabeceira da provincia máis entroideira presenta un completo programa de actividades co obxectivo de converterse en centro da festa máis popular e irreverente. Programa completo no interior.

O desfile é parte dun completo programa que mestura tradición, música, gastronomía e, sobre todo, moita troula.  Ademais, como sucede nos eventos das cidades nos últimos anos, o programa oficial tamén recolle as celebracións nos barrios. E é que en Ourense nestas datas pódese dicir que cada xuntanza é unha entroidada.

Neste ano, o Xardín do Posío é a principal novidade desta programación. A concelleira Belén Iglesias sinalou que é “unha zona máis axeitada para as actividades de cativos e, ao mesmo tempo, dinamizamos outras zonas da cidade”.

Moitas actividades haberá tamén será a Praza Maior, protagonista do cartel deste ano. Ao fío disto, Isabel Seidell, autora do cartel oficial do Entroido 2017 sinala que “a cidade de Ourense non ten elementos típicos coma outros entroidos da provincia, por iso quixen destacar a praza maior, o lugar onde se concentra toda a festa, de aí a alegría e a cor”,

O programa de actividades para hoxe venres 24 de febreiro e o resto de días inclúe:

Entroido na Praza Maior de Ourense
Entroido na Praza Maior de Ourense | Fonte: crtvg

VENRES, 24 DE FEBREIRO

Venres de Entroido

ANIMACIÓN DE RÚA

Os Caliqueños, Támega, Riau Riau e Trópico de Grelos

Hora: 20.30 h

Dr Antxoa, Noroeste, Alambique e Mekánica

Hora: 00.00 h

Lugar: rúas da cidade

INAUGURACIÓN DO ENTROIDO

Batucada con Trópico de Grelos

Hora: 21.00 h

Lugar: Itinerante, da Praza Maior ao Xardín do Posío

COCIDO DE ENTROIDO E FESTA!

Haberá charangas,Dj, sorteos de dous cocidos para catro persoas en restaurantes da cidade e conxuro da queimada!

Hora: 22.00 h

Prezo: 15€

Lugar: Xardín do Posío

Previa inscrición: Café Balí (Avda Alfonso Rodríguez Castelao 37) e Trampitán (Praza Maior)

Máis información no teléfono: 616204816

SESIÓN DJS

Hora: 00.30 h

Lugar: Praza do Correxidor e Praza de San Martiño

SÁBADO, 25 DE FEBREIRO

Sábado de Entroido

ANIMACIÓN DE RÚA

Os caliqueños e Os chispas

Hora:11.00 h

Riau Riau e Albor

Hora:17.30 h

Mucha marcha, Os perqtores e Castro Bello

Hora:20.30 h

Trópico de Grelos, Sorcha, Dr Anchoa, Noroeste, Alambique e Europa

Hora:00.00 h

Lugar: rúas da cidade

GRAN XOGO DO ENTROIDO

Desenvolveremos un gran xogo aberto a toda a cidade. Gozaremos dunha serie de actividades abertas relacionados cos entroidos da provincia de Ourense e as distintas datas significativas.

Hora: 11.30 h

Organiza: AXX Amencer

Lugar: Xardín do Posío

FESTA INFANTIL

Festa Vikinga

Hora: 17.30 h

Lugar: Xardín do Posío

SESIÓN DJS

Hora: 00.30 h

Lugar: Praza do Correxidor

BAILE coa orquestra LEDICIA

Hora: 00.30 h

Lugar: Praza Maior

Aforo Limitado

DOMINGO, 26 DE FEBREIRO

ANIMACIÓN DE RÚA

Mucha marcha

Hora: 11.00 h

Lugar: rúas da cidade

DESFILE DE COMPARSAS E CARROZAS

Desfile de comparsas e carrozas coa actuación das charangas Dr Anchoa, Riau Riau, Os Chispas, Albor e Castro Bello

Hora: 17.00 h

Percorrido: Saída das Lagoas, rúa Curros Enríquez, Xoan XXIII, rúa Progreso, Doutor Marañón, Praza Maior

BAILE coa orquestra CLAXXON

Hora: 18.30 h

Lugar: Praza Maior

Aforo Limitado (3.000 persoas)

CONCURSO REI/RAÍÑA DO ENTROIDO 2017

Toda a xente que queira participar que se achegue ao Concello, continuaremos coa ENTREGA DE PREMIOS ás/aos gañadoras/es do Concurso de Comparsas e Carrozas para rematar coa coroación do Rei/Raíña deste ano pola raíña do Entroido 2016

Hora: 19.30 h

Lugar: Praza Maior

LUNS , 27 DE FEBREIRO

Luns de Entroido

ANIMACIÓN DE RÚA

Os Chispas e Nova Terra de Trives

Hora: 11.00 h

Riau Riau e Nova Terra de Trives

Hora: 17.30 h

Os caliqueños, Sorcha e Castro Bello

Hora: 20.30 h

Trópico de Grelos, Dr Anchoa, Noroeste, Mucha marcha, Aperta e Europa

Hora: 00.00 h

Lugar: rúas da cidade

MAÑÁS DE ENTROIDO

Actividade dirixida a nenas/os de 3 a 12 anos.

Coñeceremos en profundidade a cultura do Entroido, descubrindo as orixes desta festa na nosa provincia e na nosa cidade sen confundilo coas distintas e moi ricas realidades que enchen de festa distintos puntos do mundo nestes días.

Hora: 10.00 h

Organiza: AXX Amencer

Lugar: Local da AXX Amencer (Praza Don Bosco, 1, baixo)

DIAL DE ENTROIDO

Dial é un colectivo ourensán de artistas multidisciplinares coa música electrónica como eixo de acción. Contaremos co recoñecido artista portugués Pixel 82 e mais tres DJ de Ourense.

Hora: de 17.00 a 00.00 h

Lugar: rúa da Unión (Tras da Catedral)

FESTA INFANTIL

Cé orquestra Pantasma co Xogueteiro (novo espectáculo)

Hora: 17.30 h

Lugar: Xardín do Posío

SESIÓN DJS

Hora: 00.30 h

Lugar: Praza do Correxidor

BAILE coa orquestra RITMO JOVEN

Hora: 00.30 h

Lugar: Praza Maior

Aforo Limitado

MARTES, 28 DE FEBREIRO

Martes de Entroido

ANIMACIÓN DE RÚA

Albor e Os chispas

Hora: 11.00 h

Riau Riau e Castro Bello

Hora: 17.30 h

Dr Antxoa, Nova Terra de Trives e Mucha marcha

Hora: 20.30 h

Lugar: rúas da cidade

FESTA INFANTIL

Got Talent

Hora: 17.30 h

Lugar: Xardín do Posío

MÉRCORES, 1 DE MARZO

MAÑÁS DE ENTROIDO

Actividade dirixida a nenas/os de 3 a 12 anos.

Coñeceremos en profundidade a cultura do Entroido, descubrindo as orixes desta festa na nosa provincia e na nosa cidade sen confundilo coas distintas e moi ricas realidades que enchen de festa distintos puntos do mundo nestes días.

Hora: 10.00 h

Organiza: AXX Amencer

Lugar: Local da AXX Amencer (Praza Don Bosco, 1, baixo)

ENTERRO DA SARDIÑA

Concentración na Praza Maior, as carpideiras acompañarán a Sardiña ao longo do percorrido, o cortexo fúnebre irá amenizado pola charanga Riau Riau.

Hora: 20.00 h

Percorrido: Saída da Praza Maior, Lamas Carvajal, rúa do Paseo, Parque de San Lázaro, Sto Domingo, Lepanto, Xoán de Austria, praza de Santa Eufemia, Lamas Carvajal e remate na Praza Maior coa queima da Sardiña.

ENTROIDOS DA CIDADE

ENTROIDO DE SEIXALBO – PAQUITA E NICANOR

19 DE FEBREIRO

Domingo Oleiro

16.30 Chegada da comitiva á Praza de Paquita e Nicanor (Parada bus dos Barreiros)

16.45 Ruada coa Charanga Europa ata a Praza Maior

17.30 Pregón a cargo de Entroideiros insignes

18.00 Troulada dos grandes artistas da vila

18.30 Xogo das olas

19.30 Chocolatada e fin de festa

26 DE FEBREIRO

Domingo de Entroido

14.00 Cocido Bacanal na Infesta

16.00 Espectáculo Sorpresa

16.30 Festa Rachada. Bar da Comisión coas charangas OS CALIQUEÑOS e SORCHA

21.00 Fin de festa

28 DE FEBREIRO

Martes de Entroido

16.30 Desfile desde a Praza de Paquita e Nicanor (Parada de bus dos Barreiros)

18.00 Actuación comparsas na Praza Maior (Chavalada de Seixalbo, Aguilladas, Ovellas negras, Panduriños... e as que se apunten)

19.00 Festa Rachada. no bar da Comisión coas charangas Vai de baile e Mucha marcha

20.30 Queima dos mecos e ritual de entrega para o vindeiro Entroido.

1 DE MARZO

Mércores de Cinza

21.00 Praza da Infesta. Procesión da Sardiña

21.30 Praza Maior. Enterro da sardiña (Prégase loito rigoroso)

RETIRADA CONVITES DO COCIDO NA LIBRERÍA SOLAINA (Praza Maior de Seixalbo) ATA O MÉRCORES 22.

Prezos: 15€ con disfrace, 40€ sen disfrace, 10€ infantil

ENTROIDO DE FREI CANEDO – A PONTE

23 DE FEBREIRO

Xoves de comadres

Cea-baile na sede da confraría para todas as comadres da Ponte e acompañantes amenizado por DÚO ASES (os homes obrigatorio vir disfrazados de muller)

25 DE FEBREIRO

23.30 Baile de disfraces a cargo do grupo orquestral FUTURO.

26 DE FEBREIRO

Día do polbo e as/os nenas/os

12.00 Sesión vermú co DÚO ASES

13.00 Gran Papatoria con: Carne ao caldeiro, polbo, pan e viño

20.00 Espectáculos infantís

Regalos para todas/os as/os nenas/os

22.30 Baile de disfraces a cargo do DÚO ASES

27 DE FEBREIRO

Día grande de Frei Canedo

18.00 Charanga e ruada para á xuntanza dos frades arredor da Capela

19.30 Comezo dos solemnes actos con:

-Presentación

-Purificación do lugar co POTEFUMEIRO

-Sermón.

-Bendición dos novos confrades.

20.15 Saída da solemne procesión polas rúas da Ponte

22.00 Xuntanza nos solemnes comedores para honrar a FREI CANEDO cunha cea medieval na Ponte Romana, para confrades, acompañantes e amigos.

23.30 Comezo do baile de disfraces a cargo do grupo FUTURO

ENTROIDO DAS PITAS – EIROÁS

19 DE FEBREIRO

DOMINGO OLEIRO

Ás 17.00 h, máis ou menos

Chegada das Olas á praza

Xogo das Olas con música de Charanga OS CHISPAS

25 DE FEBREIRO

SÁBADO de ENTROIDO

Entre lusco e fusco

Folión do Entroido

28 DE FEBREIRO

MARTES de ENTROIDO

Pola mañá

Pasa-rúas con máscaras e músicos

Apertura do Mercadiño de dona Gumersinda

13.00 h

Voda da Pita

Xantar dos noivos, con música de Charanga

(Apuntarse no Bar da Comisión antes do Domingo Oleiro)

Pola tarde

Baile de disfraces con Orquestra FIN DE SIGLO

Concursos e pasarelas de disfraces

A partir das 21.00 h

Queima do Meco

Cartel das festas do entroido en Ourense en 2017
Cartel das festas do entroido en Ourense en 2017
Temas: ENTROIDO OURENSE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta