Temas: FUXIDAS

Baiona presenta a internacional Festa da Arribada

Unha das principais festas turísticas do país, a Festa da Arribada de Baiona, presentouse este mediodía na capital de Galicia. O programa XXII edición deste festexo, unha das poucas no país recoñecido como de Interese Turístico Internacional, deuse a coñecer nun evento no Museo das Peregrinacións.

Por GC Tendencias | Santiago de Compostela | 21/02/2017 | Actualizada ás 21:56

Comparte esta noticia

O obxectivo, como sempre, conmeorar o “momento máxico” da chegada da carabela “La Pinta” en 1943 con novas do descubrimento de América. A presentación de hoxe foi culminada cunha representación teatral por parte de tres actores do grupo “Non si teatro?”, mostra da viaxe ao medievo desta Festa.

A concelleira de Turismo na presentación da Festa da Arribada de Baiona
A concelleira de Turismo na presentación da Festa da Arribada de Baiona | Fonte: M.V.

O alcalde de Baiona, Ángel Rodal, invitou a todos os presentes e a todos os galegos a trasladarse a Baiona para “vivir un soño que esperta emocións e estimula os sentidos, a maxia dunha vila que regresa ao Medievo e que non perdeu as súas raíces e segue sendo unha vila mariñeira”.

Pola súa banda, a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, quen destacou que a Festa da Arribada en unha das celebracións “máis singulares” e explicou que “axuda a situarnos como destino”. Castro destacou o traballo de Baiona na procura da “máxima calidade do seu turismo” e tamén invitou a acudir a festa para “revivir un acontecemento espectacular”.

Ao acto tamén acudiron o secretario xeral del Cultura, Anxo Lorenzo, quen destacou a importancia da celebración da Arribada. Lorenzo lembrou que na Real Vila de Baiona está unha réplica da carabela Pinta, que se pode visitar no porto.

Tamén asistiron  o conselleiro de Sanidade e exalcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña; o delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves; o presidente dos comerciantes e empresarios de Baiona (Aceba), Marcos Comesaña, e a concelleira de Cultura, María Iglesias, quen presentou o acto vestida cun vestido de época. 

Teatro na presentación da Festa da Arribada de Baiona
Teatro na presentación da Festa da Arribada de Baiona | Fonte: M.V.

Vázquez Almuiña destacou o logro da Arribada pese aos "poucos anos que leva, que se vexa coma algo propio por parte dos veciños e tamén que, todo aquel que a visita volve sempre. Síntome orgulloso coma baionés e creo que tamén debe ser un sentimento de orgullo para os baioneses e para o resto dos galegos".

Autoridades na presentación da Festa da Arribada de Baiona
Autoridades na presentación da Festa da Arribada de Baiona | Fonte: M.V.
Temas: FUXIDAS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta