Temas: FUXIDAS

A Feira do Cocido ateiga Lalín

Unha das máis importantes festas gastronómicas do país celebrou esta fin de semana unha edición de record. Miles de persoas ateigaron por completo as instalacións da Feira do Cocido e os restaurantes da capital do Deza.

Por GC Tendencias | Lalín | 19/02/2017 | Actualizada ás 21:05

Comparte esta noticia

O humorista, actor e presentador, Roberto Vilar, foi o pregoeiro no día grande, que se celebra este 19 de febreiro. A parroquia de Zobra recibiu a Distinción Aldea Singular.

Roberto Vilar no pregón da  Feira do Cocido de Lalín
Roberto Vilar no pregón da Feira do Cocido de Lalín

Onte sábado houbo unha exhibición de cociña por parte Kike Piñeiro, (Premio Nacional de Gastronomía) e Eloy Cancela, chefs do restaurante compostelán A Horta do Obradoiro, que defenderon ante o público de Lalín que “o cocido é tradición, pero tamén se lle pode dar un toque de modernidade”. A TVG emitiu o seu programa Aquí Galicia en directo dende a vila e o Lúar tamén estivo adicado á celebración.  

O tradicional desfile e os cantos de taberna foron outros dos puntos álxidos dunha fin de semana de troula, tradición e gastronomía. O alcalde, Rafael Cuíña (Compromiso x Galicia); a presidenta da Deputación Carmela Silva (PSdeG) e a líder do Bloque Ana Pontón foron algúns dos políticos que se deixaron ver nas concurridas rúas dezanas.

Carpa Mahou na Feira do Cocido de Lalín
Carpa Mahou na Feira do Cocido de Lalín
Temas: FUXIDAS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta