Temas: CINEMA

De cando os obreiros vigueses desafiaron ao franquismo

A folga de 1972 en Vigo, un dos intres claves da loita contra a ditadura no país, está a ser narrada nun documental. Os promotores da película “Vigo 1972” prevén estreala o próximo mes de setembro.

Por GC Tendencias | Vigo | 14/02/2017 | Actualizada ás 14:33

Comparte esta noticia

Detrás dela están a produtora Arthur Gordon, o director e guionista Roi Cagiao e o produtor executivo Emilio J. Fernández.  Colaboran nela o Foro pola Memoria de Galicia, a Asemblea Republicana de Vigo e a Unión Comarcal de Comisións Obreiras de Vigo, entre outros colectivos.

Imaxe do documental Vigo 1972
Imaxe do documental Vigo 1972

En 1972 unha folga xeral durou tres semanas e nela que participaron máis de trinta mil traballadores e traballadoras da comarca. Un desafío en toda regra ao réxime fascista, meses despois dos tráxicos sucesos do 10 de marzo de Ferrol.

Waldino Varela, Carlos Núñez Rodríguez, Elvira Landín, Carlos Barros ou Camilo Nogueira, son, entre outros as testemuñas que narran o aló sucedido. Intercálanse as súas voces con material de arquivo, tanto fotográfico como audiovisual, así como recreacións.

Temas: CINEMA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta