Temas: MúSICA

Salif Keïta, a estrela da música africana, actuará en Galicia

Un dos músicos máis importantes da historia en África, Salif Keïta, visitará nunha única actuación o país esta primavera. As entradas acaban de saír a venda.

Por GC Tendencias | Ferrol | 23/01/2017 | Actualizada ás 11:55

Comparte esta noticia

Descendente de reis, e dotado dunha capacidade musical excepcional, leva dende 1984 conquistando Europa co seu son, tendente ao caos e á improvisación.

Salif Keïta
Salif Keïta | Fonte: ProtoplasmaKid

O concerto comezará o sábado 6 de maio de 2017, as 21:00 horas, coa apertura de portas media hora anes, no Auditorio de Ferrol. As entradas xa están á venda enticipada en Ataquilla.com dende 20 euros máis gastos, 2 euros menos que o día no concerto na taquilla. A actuación é a única prevista en Galicia.

Salif Keita é un artista inquedo, imprevisíbel en directo, convertido nunha sorte de ponte entre os sons tradicionais africanos e os ritmos contemporáneos occidentales, que ten explorado múltiples estilos como o afro-pop, o funk ou incluso afro-jazz-rock e ten colaborado con outros artistas da categoría e trascendencia de Joe Zawinul, Carlos Santana, Bobby McFerrin ou Cesaria Evora. 

Temas: MúSICA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta