Que fago eu aquí... coma un imbécil?

Xosé A. Touriñán interpreta esta fin de semana en dúas localidades o cómico "Monólogo do imbécil", premio MAX de Teatro 2003 ao Mellor Texto en Lingua Galega, de José Prieto.

Por GC Tendencias | Vigo | 18/01/2017 | Actualizada ás 16:00

Comparte esta noticia

A representación protagonizada polo famoso cómico galego terá lugar no Teatro Afundación de Vigo o próximo venres 27 de xaneiro. As entradas xa están a venda dende só 10,8 euros máis gastos en Ataquilla.com. A actuación comezará as 20:30 horas. Haberá outra representación en Vilgarcía de Arousa, o 28 de xaneiro, a partir das 21 horas.

Touriñán en Monólodo do Imbécil
Touriñán en Monólodo do Imbécil | Fonte: emedous.com

O ‘Monólogo do imbécil’ é un unipersoal no que se elabora a biografía dun home desde o momento da cópula dos seus pais, aló polo ano sesenta, ata agora mesmo. Un individuo que ante o absurdo da súa vida e do momento histórico que lle toca vivir séntese desprazado unha e outra vez.

Ao protagonista, Santi todo lle sae mal. El procura comportarse coma os demais, ten ilusión por ir á escola coma todo o mundo, por ter un traballo coma todo o mundo e casar cunha rapaza coma todo o mundo, pero sempre sucede algo que acaba deixándoo con cara de parvo.

É certo que ten unha tendencia a estar sempre nas nubes. E ás veces queda parvo mirando a ningures. E pensa: 'Que fago eu aquí... coma un imbécil'.

Así que un día decide mirar atrás na súa biografía para ver de buscarlle o sentido ás cousas, e remóntase ao momento mesmo da súa concepción e aínda máis, a cando só existían un espermatozoide algo parvo e un óvulo despistado, e comeza a falalo todo desde o principio ata o preciso momento en que llo conta ao público.

Unha autobiografía surrealista, tenra, cómica e fantástica coa que todo o mundo acaba identificándose.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta