O precoz mago Martín Varela lanza o seu novo espectáculo

Como pode un neno converterse en mago? Esa é a pregunta que Martín tratará de responder subido ao escenario. Nesta ocasión aborda a súa historia persoal: os seus comezos, o seu proceso de estudo, as súas primeiras actuacións .. Martín, a pesar de ter só 20 anos, escribe, dirixe e idea todos os seus espectáculos.

Por GC Tendencias | A Coruña | 16/01/2017 | Actualizada ás 12:21

Comparte esta noticia

Serendipia é o novo espectáculo do ilusionista Martín Varela. No seu novo show, o mozo mago fai unha viaxe ao pasado do ilusionismo empregando a súa propia experiencia no mundo da maxia. Sorpresa e complicidade co público para presentar un novo espectáculo que ique fai unha homenaxe a dous grandes mestres da maxia que marcaron o seu camiño: o estadounidense John Calvert e os galegos Lorc & Julit. 

Martín Varela, mago
Martín Varela, mago

O mozo actuará o domingo 5 de marzo en A Coruña. O espectaculo empezará as 19 horas no Teatro Colón. As entradas, dende só 4 euros, xa están a venda en ataquilla.com

SOBRE MARTÍN VARELA

Desde neno tivo claro que a maxia formaría parte da súa vida e con ese propósito foi forxando a súa carreira como ilusionista. É autodidacta e aprendeu os trucos do oficio vendo vídeos por Internet e lendo libros. Con só dez anos fixo a súa primeira actuación e formouse durante unha semana na escola da filla do mago Juan Tamariz, un dos seus principais referentes.

A súa maxia vai máis aló do coello, a chistera ou os trucos con cartas. Tenta crear arte a través das súas ilusións, converter o teatro nun espectáculo cunha posta en escena fresca, rompedora e sorprendente. Inspírase na pintura, a danza, a música, a poesía e o circo, transmitindo, desta maneira, a maxia desde un punto diferente ao habitual.

Con 15 anos presentou 15 ilusións para unha noite e empezou a participar activamente no programa da Televisión de Galicia "Luar". Despois chegou Manifesto, co que conseguiu o éxito do público e o da crítica a través das levitacións e das desaparicións de persoas, coas que encheu teatros enteiros.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta