Temas: MúSICA

Bailando os clásicos navideños de Elvis e da época clásica do rock

A Cidade da Cultura acollerá o Nadal Rock o 28 de decembro con Mad Martín e bailaríns. A volta de Aninovo haberá un festival solidario de música.

Por GC Tendencias | Santiago de Compostela | 09/12/2016 | Actualizada ás 15:00

Comparte esta noticia

O 28 de decembro a Cidade da Cultura acollerá o ‘Nadal Rock’, velada musical para grandes e pequenos ao ritmo dos bailaríns de Blanco y Negro Studio e con temas interpretados por unha das bancas rockabilly con máis sona de Galicia: Mad Martin & The Blue Christmas Combo. Clásicos de Nadal de Elvis, Brian Setzer, Bill Haley&His Comets, Reverend Horton Heatou JD McPherson formarán parte do repertorio a interpretar.

Mad Martin
Mad Martin

As entradas xa están a venda a 3€  en ataquilla.com (+gastos de sestión), ademais de ofertas e descontos que se poden consultar en cidadedacultura.gal.

As citas musicais rematarán o 3 de xaneiro cun dos imprescindibles do Nadal no Gaiás: o festival solidario ‘Cancións por regalos’ da man de Ernie Producciones. As normas son claras: trae un regalo, goza das mellores cancións do momento e fai feliz a un neno o Día de Reis.

Temas: MúSICA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta