Temas: CINE CINEMA

Sicixia é unha das cinco películas máis vistas en Galicia

A longametraxe "Sicixia, paseo polo amor e a Costa da Morte" (producida por Vía Láctea Filmes e TVG), logrou posicionarse a pasada fin de semana no Top 5 dos filmes máis vistos nas salas galegas. A obra dirixida por Ignacio Vilar foi estreada o último venres, 25 de novembro.

Por GC Tendencias | Santiago de Compostela | 29/11/2016 | Actualizada ás 11:59

Comparte esta noticia

Segundo datos de Rentrak Spain recompilados por Vía Láctea, a longametraxe galega protagonizada por Monti Castiñeiras e Marta Lado (Premio Mellor Actriz, XXI Cinespaña de Toulouse) Sicixia non só se sitúa entre os 5 filmes máis vistos da carteleira na meirande parte das salas galegas senón que ocupa mesmo o primeiro posto en cinemas coma Númax (Santiago de Compostela), Compostela (Santiago de Compostela), Bergantiños (Carballo), Xunqueira (Cee), Dúplex (Ferrol), Seixo (Marín) e ocupa o segundo e terceiro posto respectivamente nos cines Norte (Vigo) e Os Cantóns (A Coruña).

Vía Láctea espera manter a asistencia do público para asegurarse a permanencia nas vindeiras semanas nas salas, cando se produce unha maior afluencia de espectadores aos cines.

Fotograma de Sicixia, filme de Ignacio Vilar
Fotograma de Sicixia, filme de Ignacio Vilar

Temas: CINE CINEMA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 +galego no cinema

Sempre que sacan unha película en lingua galega é un éxito de audiencia nas salas. Está claro que quen non ve o mercado potencial do galego é porque está cegado por cuestións ideolóxicas

1 Xan

Concordo contigo