Temas: MúSICA

Caxade, protagonista do Magosto no Gaiás

O gran referente da nova canción de autor en galego actúa no Museo Centro GAiás como parte dun programa que mestura cociña sibartia e música.

Por GC Tendencias | Santiago de Compostela | 16/11/2016 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

As entradas para o evento, que comeza as 20 horas do sábado, xa están a venda en Ataquilla.com dende só seis euros. Hai tamén paquetes especiais, de 3 x 2 e de 4 x 3.

Alonso Caxade
Alonso Caxade | Fonte: matias mosterkid desconcierto.com

Os cociñeiros Kike Piñeiro e Eloy Cancela, do restaurante A Horta do Obradoiro, e Manel Oliveira, da Tapería Castelao, serán os encargados de abrir este magosto. En colaboración coa IXP Castaña de Galicia, os tres elaborarán en directo diferentes tapas con este produto como elemento principal e que poderán ser degustadas polos asistentes. A demostración dos cociñeiros irá acompañada dunhas breves explicacións dos membros da IXP Castaña de Galicia sobre as características e bondades deste produto propiamente galego. Ademais, e como xa é tradición no Gaiás, haberá na entrada un carriño con castañas asadas que poderán ser degustadas por todo o público.

Tras a degustación, a música encherá o Museo Centro Gaiás grazas a Caxade, que presentará o seu segundo traballo: E isto é o amor, un paso adiante no indie-folk singular desta banda, que mantén os seus sinais de identidade combinados con novos matices, máis peso da percusión e inclusión de sintetizadores.

Considerado Mellor Artista nos XIII Premios Opinión, Premio Martín Códax da Música, gañador do "Certame Música Xove" e representante galego no SUNS Europe 2015, Caxade editou en 2013 o seu primeiro traballo discográfico A Dança dos Moscas cun grande éxito de crítica e de público. Dous anos depois (decembro de 2015) saiu á venda o DVD+CD A Dança dos Moscas Ao Vivogravado coa Banda de Música da Bandeira. Caxade volve agora a deleitarnos coa súa música elegante, modesta e sinxela, e co seu surrealismo post-modernista e discurso reivindicativo, metafórico e irónico.

gaias uralita
gaias uralita
Temas: MúSICA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta