Sarabela Teatro estrea “Normas para saber vivir na sociedade actual” en Ourense

A compañía ourensá Sarabela Teatro estreará mañá, venres, día 23 de setembro, ás 21h no Auditorio Municipal a súa nova produción: “Normas para saber vivir na sociedade actual”, unha obra de Jean-Luc Lagarce, dirixida por Ánxeles Cuña., con Fina Calleja, Sabela Gago, Elena Seijo, Fernando Dacosta e Vadzim Yukhnevich.

Por GC Tendencias | Ourense | 22/09/2016 | Actualizada ás 18:34

Comparte esta noticia

Esta mañá no salón de plenos do Concello de Ourense tivo lugar a presentación da obra, na que interviñeron Belén Iglesias, eoncelleira de Cultura, Ánxeles Cuña e Fina Calleja de Sarabela.

Ánxeles Cuña
Ánxeles Cuña | Fonte: sarabela teatro

As entradas, á 6 euros, pódense adquirir en www.ataquilla.com Haberá tres sesións,  venres, sábado e domingo.

 

A obra, escrita en 1993 polo autor contemporáneo máis representado en Francia, Jean-Luc Lagarce é una sátira social. Divertimento irçonico e crítica feroz a una sociedade que, coas súas normas e hipocrisía, afástase dos sentimentos humanos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta