Monforte acolle unha nova edición da Feira do Libro

Do 24 ao 27 de agosto a Rúa Cardeal achegará a cultura literaria aos monfortinos e visitantes da capital da Ribeira Sacra.

Por X.M. Fernández | Monforte | 25/08/2016 | Actualizada ás 12:39

Comparte esta noticia

A inauguración do evento foi este mércores 24 ás 19.00  h. coa presenza da concelleira de Cultura Marina Doutón e a banda de gaitas do Concello de Monforte. O escritor Antón Lopo foi o encargado de ler o discurso inaugural.

O programa deste ano resulta ben atractivo pois haberá actividades infantís de xoves a sábado, interesantes presentacións e sinaturas de autores coñecidos. A editorial Chan da Pólvora, proxecto recentemente presentado en Santiago de Compostela e coordinado polo monfortino Antón Lopo, participa en varias das presentacións

As casetas poden visitarse en horario de 12.00 a 14.00 h. pola mañá e de 18.00 a 22.00 h. en horario de tarde.

Todos os libros terán un desconto do 10% e cada día haberá un sorteo dun lote de libros e dunha estancia nun balneario.

Presentación da feira do libro de Monforte
Presentación da feira do libro de Monforte

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Xiao

Monforte de "Lermos" jejeje