Temas: FUXIDAS

A Festa da Istoria, a piques de empezar, ten a súa propia APP e a súa propia cervexa

Unha das grandes novidades deste ano será esta aplicación informática na que se pode atopar toda a información da festa e que será totalmente de balde.

Por GC Tendencias | Ribadavia | 24/08/2016 | Actualizada ás 18:09

Comparte esta noticia

A Festa da Istoria de Ribadavia é xa un referente nacional cando se fala de festas medievais; unha das máis esperadas e das mellor ambientadas que se coñecen. No afán dos organizadores por mellorar e innovar ano tras ano, nesta edición ademais de estar presente en redes sociais como Facebook, Twitter e Instagram, a Festa da Istoria ten a súa propia APP grazas á empresa Balidea. Pódese descargar dende Google Play ou APP Store (APP Festa da Istoria). Nela poderase atopar toda a información da festa: o programa completo, liñas de autobús, aparcadoiros, centros sanitarios, emerxencias, postos de comida, artesáns, oficinas de troco de maravedís e puntos de información, actividades da festa, etc. Ademais iranse enviando notificacións con todas as novas que vaian acontecendo ao longo do ano.

Novo logo
Novo logo

Outras novidades a salientar desta edición son: a “Cervexa da Istoria”, unha cervexa artesá elaborada para a ocasión cunha receita exclusiva ao estilo da cervexa ALE orixinaria de Francia, e a intervención no desfile dun grupo de ximnastas de Ximnasia Rítmica do Pavillón de Ourense facendo unha exhibición de exercicios con malabares e da Asociación Valparaiso de Francelos representando, coa participación dunhas 40 persoas, un cadro de campesiñado medieval cos traballos e oficios da época.


Actividades da festa

A apertura do Mercado Medieval na Alameda será o venres 26 ás 11.00 h. con animación de rúa e espazo infantil e xogos para nen@s durante todo o día. A actividade de Música Medieval será ás 20:30 h. na Igrexa de San Domingos; intervirán o Coro da Istoria e 2naFronteira. A Lectura do Bando da Istoria está programada para as 21:00 h. e o percorrido será acompañado polos Tabaleiros da Historia e os Soldados da vila. A saída será da Porta da Vila e finalizará na Praza Maior.

Un dos pratos fortes deste ano para o venres da Istoria será a actuación do músico vasco de folk e mestre da trikitixa Kepa Junkera que actuará na "Fachada do Castelo dos Sarmiento" de Ribadavia arredor das 23:30 h. A continuación terá lugar o espectáculo de piroctenia e luz.

APP Festa da Istoria
APP Festa da Istoria

O sábado 27 a apertura do Mercado Medieval será ás 10.30 h. e ás 11.20 h. o Gran Desfile da Istoria dende San Francisco ata o Castelo dos Sarmiento. Ao remate do mesmo, cara as 12.15 h., terá lugar o pregón no palco da fachada do Castelo a cargo de Luciana Rodríguez Rodríguez e acto seguido a entrega de Medallas aos Notables da Istoria. No transcurso do día sucederanse en diferentes escenarios e rúas de Ribadavia actividades do máis variado: animacións e música, combate de cabaleiros, xadrez vivente, cetraría, carreira de pipotes, gran torneo medieval, baile medieval… E como fin de festa, espectáculo de lume e música a cargo de Himmorium no mercado da alameda ás 23.00 h. e concerto a cargo do grupo folck Banda Baile Asalto na Porta da Vila (Praza de San Martin) ás 23.30 h.

O venres e o sábado todo o día haberá un Campamento Medieval de Mercenarios na Alameda o cargo do grupo Gastrafetes. Tamén haberá unha Academia da Espada con exhibición e taller participativo a cargo de Ton Puey. Os interesad@s en participar deberanse anotar no correo eléctrónico: serxioff@gmail.com

Cervexa da Istoria
Cervexa da Istoria
Kepa Junquera
Kepa Junquera
Temas: FUXIDAS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta