Ribeiro e moda da man no Gaiás

Todos os mércores haberá visitas guiadas nocturnas á exposición "Con-Fío en Galicia" acompañadas dunha cata de viño.

Por GC Tendencias | Santiago de Compostela | 19/07/2016 | Actualizada ás 17:00

Comparte esta noticia

Descubrir unha nova cara da mostra “Con-Fío en Galicia” acompañada dunha cata de viño da D.O. Ribeiro e unha sesión DJ. Esta é a proposta do Museo Centro Gaiás para as noites de verán, nas que moda, arte, gastronomía e música irán da man.

Exposición Con-fío Galicia Exposición Con-fío Galicia
Exposición Con-fío Galicia Exposición Con-fío Galicia

As visitas comezarán todos os mércores até o 31 de agosto n horario de 21 a 23 horas. As entradas poden mercarse por só cinco euros a través de Ataquilla.com.

Nun percorrido realizado por guías especializados, os participantes nas Nocturnas realizarán unha viaxe pola Historia da moda e do téxtil, á que seguirá un momento musical e unha cata, convertendo o espazo artístico nun lugar para a reflexión, a contemplación e o disfrute.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta