Unha canadense que traduciu a Rosalía, investida honoris causa en Vigo

A poeta e tradutora canadense de ascendencia galega Erin Moure será investida doutora honoris causa pola Universidade de Vigo este mércores ás 12 horas.

Por GC Tendencias | Vigo | 22/06/2016 | Actualizada ás 10:45

Comparte esta noticia

O consello de goberno aceptou ha meses o nomeamento a proposta dos departamentos de filoloxía Inglesa, Francesa e Alemá. A petición foi argumentada por «a súa innovadora e premiada produción poética, multilingüe e comprometida; polo seu labor como mediadora incansable entre culturas mediante reescritura e tradución; polo seu activismo en favor das minorías lingüísticas, étnicas, sexuais e moi especialmente pola súa contribución á internacionalización da cultura galega e a preservación do seu patrimonio».

Nada en Calgary (Alberta) o 17 de abril de 1955, ten orixes galegas. Traduciu ao inglés a Rosalía de Castro, Chus Pato e Lupe Gómez. Está vinculada á Universidade de Vigo a través do Seminario de Investigación Feminismos e Resistencias dende 2008.

A poeta publicou en Galaxia o libro ‘Teatriños ou aturuxos calados’.

Erin Moure
Erin Moure | Fonte: galaxia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta