Temas: MúSICA

Todo listo para a final do Concurso Revenidas de Música Emerxente

A terceira edición do Concurso que apoia a novas bandas con letras en galego, aberto a todos os estilos musicais, contou con 17 bandas galegas. A final será a próxima fin de semana na Sala Malatesta de Santiago.

Por GC Tendencias | Santiago de Compostela | 22/05/2016 | Actualizada ás 15:57

Comparte esta noticia

O vindeiro sábado 28 de maio a sala Malatesta en Santiago de Compostela acollerá a resolución deste concurso, coa actuación das catro bandas finalistas. Será o momento de coñecer ás gañadoras.

Os Vacalouras de Vigo, participantes no concurso de talentos do Festival Revenidas
Os Vacalouras de Vigo, participantes no concurso de talentos do Festival Revenidas

Rap, ska, rock, pop, punk, folq… unha mestura de xéneros musicais e lugares de procedencia que teñen en común o uso da lingua galega nas letras das súas cancións.

Ata as 00.00 da madrugada do domingo, as persoas que o desexen poderán participar como membros do xurado. Tan só precisan votar a través da páxina do Facebook de Revenidas. Entre os participantes haberá regalos de entradas e camisolas do REV16.

Os gañadores estarán  presentes os días 19, 20 e 21 de agosto en Vilaxoán durante o

festival Revenidas.  “É a edición con máis talento e con maior dificuldade para escoller

gañadores”, afirman dende a organización do festival.

Temas: MúSICA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta