Kiko Hernández, de Sálvame a pregoeiro da Feira do Viño de Quiroga

O Concello de Quiroga exalta os viños do seu val esta fin de semana cun programa festivo no que destacan a gran actividade musical e o pregoeiro, Kiko Hernández, colaborador de Telecinco.

Por GC Tendencias | Quiroga | 24/03/2016 | Actualizada ás 19:38

Comparte esta noticia

Tras os actos previos do mes de marzo: desfile e cata oficial da Confradía do Viño de Quiroga, Trofeo de fútbol sala, Concurso “Quiroga de Tapas” (ata o 25 de marzo) e inauguración da exposición de pintura “Pintura da Ribeira Sacra e outros patrimonios” de Arturo Ceide, chegan os días fortes da XXXIV Feira do Viño.

Pregón de Rocío Carrasco no 2015
Pregón de Rocío Carrasco no 2015

O venres 25 terá lugar a XII Carreira Popular Feira do Viño ás 17.00 h. como anticipo a unha fin de semana na que non faltará o viño, a música tradicional e a música máis “charangueira” polas rúas quiroguesas.

Na programación do sábado 26 destaca o “Encontro Infantil do Certame de Bandas de Gaitas” dirixido por Xosé Luís Foxo, Director da Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense ás 11.30 h., a inauguración oficial do recinto feiral a cargo do Excmo Sr. D. Román Rodríguez González, Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ás 12.30 h., o festival de música coral, tradicional e de danzas no Auditorio ás 18.30 h., e o pregón e posterior entrega de premios do VI Concurso de Camisetas “Feira do Viño” a partir das 20.30 h. no palco grande da festa.

Como cada ano, a figura do pregoeiro volve ser obxecto de debate e discusión pola presunta falta de coherencia e superficialidade do personaxe escollido.O criterio que semella primar estes últimos anos é ser cara coñecida da farándula. Nesta ocasión, a responsabilidade do pregón corresponderalle ao coñecido colaborador de programas do corazón de Telecinco, Kiko Hernández. Este ano fará de presentador do mesmo o xornalista e escritor Xosé Luís Blanco Campaña.

O domingo 27 haberá animación musical por todo o recinto feiral dende as 11.00 h., entrega de Trofeos aos colleiteiros ás 12.45 h. e a partir das 18.00 h actuación musical da Charanga Mecánica.

Cartel da XXXIV Feira do Viño de Quiroga
Cartel da XXXIV Feira do Viño de Quiroga

O programa completo da Feira do Viño é o seguinte:

SÁBADO 26

Exposición de Pintura "Pinturas da Ribeira Sacra e outros patrimonios" de Arturo Ceide na  Sala de Exposicións da Casa da Cultura. Org. Área de Cultura.

VI Concurso de camisetas "Feira do Viño". Org. Área de xuventude.

Ás 11:30 h.  Encontro Infantil do certame Celtibérico de Bandas de Gaitas:

Desfile de Bandas pola Rúa Real e actuación das na Praza de España.

Ás 12:30 h.  Inauguración  do recinto feiral .

Ás 17:00 h.  Actuacións  polo  recinto da feira   da Banda de  Gaitas “San Martiño” e do  Grupo de Música Tradicional  "Os Palletas".

Ás  18:00 h.  Recepción de autoridades  no  Museo Etnográfico.

Ás 18:30 h. Actuacións musicais no  Auditorio Municipal: Coral Polifónica de Quiroga, Banda de gaitas “San Martiño”,  Grupos de danzas “San Martiño” e “Arume da Queiruga”

Entrega de premios  XIII certame “Cartas de Amor Vila de Quiroga” convocado pola Área de Xuventude.           

Ás 20:30 h Pregón, no palco, a cargo de Kiko Hernández, colaborador do progrma “Sálvame” de Telecinco, presentado polo xornalista e escritor Xosé Luís Blanco Campaña.

Ás 21:15 h.  Entrega de premios do VI Concurso de Camisetas  “Feira do Viño” no palco.

Ás 21:30 h.  Festa popular co  Grupo  "Atenas"

DOMINGO 27

Exposición de Pintura "Pinturas da Ribeira Sacra e outros patrimonios" de Arturo Ceide na  Sala de Exposicións da Casa da Cultura. Org. Área de Cultura.

Ás 11:00 h. Alborada e animación do recinto a cargo do Grupo de  Gaitas “Os do Recanto”.

Ás 12:30 h. Recepción das autoridades no Museo Etnográfico.

ÁS 12:45 h. Entrega Trofeos aos colleiteiros no Museo Etnográfico.

Ás 18:00 h. Actuación  da Charanga "Mecánica"  no recinto da feira.

                                 

Kiko Hernández
Kiko Hernández | Fonte: Fonte: elmundodegranhermano.blogspot.com
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Moinante

Vergonha