Galaxia relanzará "Cousas da vida" de Castelao

Editorial Galaxia presenta os contidos do seu stand en Culturgal, a feira anual da cultura galega que a partir do venres se celebra en Pontevedra e que reúne ao mundo editorial, audiovisual, musical, plástico, etc. na vila do Lérez. Neira Vilas e Castealo serán os protagonistas. Programa completo da súa programación no interior.

Por GC Tendencias | Pontevedra | 30/11/2015 | Actualizada ás 12:16

Comparte esta noticia

Desta volta a editorial centrarase en dous protagonistas. O primeiro, un clásico recentemente desaparecido (Neira Vilas, do que presentará súa derradeira entrega narrativa que el mesmo quería comentar co público: "Romaría de historias"). O segundo, un clásico de sempre, Castelao, de quen reeditarán as "Cousas da vida" e "50 homes por dez reás".

Castelao durante un mítin
Castelao durante un mítin

Nas eido das novidades haberá lugar para presentacións de ensaio ("Tempos chegados?") e narrativa (Riveiro Coello, Arantza Portabales, Manuel Portas, Marcos Calveiro), gastronomía, fotobiografías, libros para os lectores máis novos, música (memoria especial para Manuel María), etc...

Velaquí o programa completo:

Venres 4 de decembro
19h00. No Espazo Libro. Debate ao redor do libro colectivo Tempos chegados? Sobre o futuro político de Galicia, coa participación de Xavier Vence, Justo Beramendi, José Portero e Joám Evans, catro dos autores do volume. Moderado por Víctor F. Freixanes.
19h30. No stand de Galaxia. Xavier Vence, Justo Beramendi, José Portero e Joám Evans asinan exemplares de Tempos chegados?
20h00. No stand de Galaxia. Antón Riveiro Coello asina exemplares das súas obras.
20h30. No Espazo Libro. Conversa de Antón Riveiro Coello, autor de Os elefantes de Sokúrov, co xornalista Ramón Rozas.

Sábado 5 de decembro
12h45. No Espazo Libro. Presentación de Romaría de historias de Xosé Neira Vilas. A última novela, ambientada nos anos cincuenta, dun dos nos escritores máis recoñecidos. Co autor e Víctor F. Freixanes.
13h15. No stand de Galaxia. Xosé Neira Vilas asina exemplares das súas obras.
19h15. Creaemociónatividade, con Julia Fernández Rodríguez, autora de Pequenas historias para falar de emocións e sentimentos. Dentro das xornadas de formación do profesorado.
19h30. No Espazo Libro. Conversa con Marcos Calveiro, autor de Fontán (Premio de Narrativa Breve Repsol); Manuel Portas, autor de Lourenço, xograr (Premio García Barros) e Arantza Portabales, autora de Sobrevivindo (Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia). Conduce o xornalista Tino Santiago.
20h00. No stand de Galaxia. Marcos Calveiro, Manuel Portas e Arantza Portabales asinan exemplares das súas obras.

Domingo 6 de decembro
12h00. No Auditorio. Canta o cuco, Uxía e Magín Blanco na casa de Manuel María, a quen se lle dedicará o Día das Letras do ano 2016. No acompañamento musical, Guille Fernández e Santi Cribeiro. Despois do concerto, Uxía e Magín Blanco asinarán exemplares no acceso ao Auditorio.
12h30. No Espazo Libro. 100 anos de traballo por Galicia. Conversa moderada por Víctor F. Freixanes, director xeral de Editorial Galaxia, coa que se renderá unha homenaxe aos autores que xogaron unha peza clave na nosa historia e literatura. Con Henrique Monteagudo e Xavier Martínez Cobas. Preséntanse as fotobiografías de Ramón Piñeiro, Xaime Isla e Ramón Otero Pedrayo.
16h30. Na Carpa. Chuches Amil presentan o libro-disco Un conto ao revés, cun concerto cheo de lambonadas que saben a rock. Despois, Fran Amil asinará exemplares no stand de Galaxia.
17h30. Na Carpa. Mamá Cabra presenta o libro-disco A bruxa Discordia, cun concerto de homenaxe á paz. Despois, Gloria Mosquera, de Mamá Cabra, asinará exemplares no stand de Galaxia.

Unha das Cousas da Vida de Castelao
Unha das Cousas da Vida de Castelao
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta