O polbo á feira, o prato estrela de Galicia

É o que mellor representa a gastronomía de Galicia segundo o concurso “Lo Mejor de España”.

Por Gc Tendencias | A Coruña | 23/11/2015 | Actualizada ás 17:00

Comparte esta noticia

Galicia é o país dos mil ríos, como dicía Rivas, e dos miles de polbos que se comen cada ano. De feito, este cefalópodo, é todo un embaixador da cociña galega. E é que o polbo á feira é o prato que mellor representa a gastronomía de Galicia, segundo revelan os resultados do concurso 'Lo Mejor de España', organizado pola Nevera Roja, plataforma española de comida a domicilio.

O ex alcalde do Carballiño, o popular Argimiro Marnotes, canda Mariano Rajoy na Feira do Polbo
O ex alcalde do Carballiño, o popular Argimiro Marnotes, canda Mariano Rajoy na Feira do Polbo

Así, este prato tradicional sitúase no primeiro posto da cociña galega co 76% dos votos, moi por riba doutros produtos típicamente galegos como os ovos fritidos con chourizo (9%), as ameixas á mariñeira ou o caldo galego (5%).

Segundo informa esta plataforma, o xurado estivo formado por chefs españois de restaurantes locais asociado. Logo Nevera Roja realizou unha pre-selección de pratos que foron sometidos á votación de máis de 1.000 consumidores españois de diferentes comunidades autónomas. O resultado foi a selección de 'Lo Mejor de España', cun total de 17 pratos, os que máis valoran os consumidores en cada Comunidade. 

Unha ración de polbo á feira
Unha ración de polbo á feira
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta